Inicio > BASES
BASES DO CONCURSO
DESCRICIÓN
O concurso organízase con motivo da celebración da Galiciencia 2019 con temática Saúde e bos hábitos, polo que, as diferentes probas a superar estarán relacionadas co noso comportamento e as súas implicacións na saúde.
O concurso constará de dúas fases:
1ª Fase non presencial: constará de 3 desafíos a realizar a distancia que se enviarán por correo electrónico ( atrevete@galiciencia.com) para a súa valoración. Tedes que mandar os tres desafíos dentro do prazo establecido, xa que non é un concurso con eliminación. Só se valorarán os grupos que manden os tres vídeos.
2ª Fase presencial: constará dun desafío final que terá lugar o venres 10 de maio de 11:00h a 12:00h durante a Galiciencia e na que participarán os 3 grupos mellor puntuados de cada categoría na primeira fase.
PARTICIPANTES
O concurso está aberto a todos os estudantes de entre 10 e 18 anos, establecéndose tres categorías:
- Categoría A (4º, 5º e 6º de EP)
- Categoría B (1º, 2º e 3º da ESO)
- Categoría C (4º da ESO e Bacharelato)
Os estudantes participarán en grupos de 3 alumnos/as por grupo, non sendo posible facelo individualmente.
CONDICIÓNS E FORMATOS
As condicións e formatos de cada proba faranse públicos na web da Galiciencia (www.galiciencia.com) no momento da liberación dos desafíos.
PRESENTACIÓN DOS DESAFÍOS
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán enviar un e-mail a (atrevete@galiciencia.com) coa resolución do desafío 1 proposto e os seguintes datos:
- Nome do grupo
- Nome e apelidos dos integrantes
- Curso
- Nome e e-mail do centro ao que pertencen
- Nome, e-mail e teléfono do docente/titor/a do grupo
O envío do Desafío 1 dentro do prazo establecido, fai efectiva a inscrición no concurso. Recibiredes un correo confirmando a recepción da inscrición. NON recibiredes unha nota de valoración ata enviar os tres desafíos.
Enviaranse, tanto o Desafío 1 (inscrición) como o resto, por correo ao seguinte enderezo: atrevete@galiciencia.com
O “nome do grupo” será o identificativo de cada grupo participante, aparecendo este no Asunto dos correos enviados.
XURADO
O xurado será asignado pola organización entre persoas expertas na materia.
RESOLUCIÓN
A resolución do xurado en relación á primeira fase, farase pública nun prazo máximo dun mes, unha vez rematado o prazo límite do último desafío.
A resolución do xurado en relación á segunda fase, farase pública o día 10 de maio de 2019 durante a entrega de diplomas da Galiciencia.
A resolución do concurso é inapelable.
PREMIO
Os grupos finalistas da primeira fase, e por tanto, participantes na fase final, recibirán un obsequio pola súa participación.
Os grupos gañadores do desafío final recibirán un diploma e un premio.
PROPIEDADE
Todos os traballos presentados quedarán en propiedade do PARQUE TECNOLÓXICO DE GALICIA, quen se reserva o dereito da súa exposición, reprodución ou publicación, sen que isto supoña perda da autoría dos traballos, cedendo os dereitos de reprodución, exposición e explotación non remunerada, pasando a incrementar o patrimonio cultural, sen que estes poidan ser obxecto de compravenda.
OBSERVACIÓNS
- O feito de participar no presente concurso implica a aceptación total das bases.
- A organización non se responsabilizará da non chegada dos traballos ao seu destino.
- Os traballos que non cumpran as condicións de presentación non entrarán en concurso.
- A organización resérvase o dereito de tomar decisións non reflectidas nas bases, así como solucionar calquera tipo de conflito na interpretación destas.
- Tecnópole garante o correcto tratamento dos datos de acordo á LOPD (Lei orgánica de protección de datos 15/1999).
REALIZACIÓN E MANIPULADO
Os traballos deben ser realizados polos integrantes de cada grupo participante, polo que calquera dúbida na autoría destes será motivo da non participación no concurso.